Está en: Que é o proxecto Carvalho? >

fai que medre o carvalho

Se medra, todos medramos

Neste momento o corpus inglés-galego ten uns 71 millóns de palabras. Axuda a que Carvalho medre e nós plantaremos carballos.

Que é o proxecto Carvalho?

 

O proxecto Carvalho é un proxecto de tradución automática de código aberto e sustentábel entre o inglés e o galego encadrado dentro da plataforma de servizos de tradución automática Opentrad.

 

Coa túa contribución podes axudar a que medre e mellore e tamén axudar o planeta.

 

Para iso só é preciso que enriquezas o tradutor estatístico con corpus inglés-portugués, e que os convertas para inglés-galego coa axuda dunhas ferramentas dispoñibles en liña. A tecnoloxía deste proxecto ten licenza GPL e todos podemos acceder a ela.

 

Canto máis palabras teñamos, mellor funcionará o tradutor automático! E non só iso, senón que ademais a medida que vaia medrando o corpus iremos plantando árbores autóctonas, comezando pola zona de Forcarei.

 

Mellora o tradutor e nós plantaremos árbores!

 

  • html validado
  • css validado
  • Estandar de accesibilidad WAI-AA
  • twitter
  • facebook

Un proxecto:

Opentrad
imaxin|software
Open source
Sourceforge